|
|
Alberto
Lema
(Bamiro, 1975)
Licenciado en Filoloxía Inglesa,
o título abríulle moitas portas no
mercado laboral. Traballou de mozo de almacén,
fregapratos, camareiro ou chófer de camión.
No 2003, na era post-prestige e plan Galicia que
estás en los cielos, emigrou a Canarias cumprindo
co destino familiar e nacional.Comprobou como Europa
tenta en balde varrer África para debaixo
da alfombra, e que a morriña é algo
máis que un delirio dos poetas telúricos.
Desde 2005, nesta Galiza postindustrial, sen fase
industrial precedente, segue a gañar o aluguer
como pode. |
obra |
Plan de fuga.
(2008) |
|
|
Rubén
Ruibal
(Ribadeo, 1970)
É licenciado en Filoloxía
Xermánica, na especialidade de inglés,
pola Universidade de Santiago. Entre 1992 e 1994
foi actor da Aula de Teatro da USC. Con
posterioridade, a súa carreira está
vinculada á compañía Teatro
do Aquí, tanto como integrante do elenco
de actores como en labores de axudante de dirección,
desde 1994 até 2002. Tamén foi xudante
de dirección na montaxe Xelmírez
ou a gloria de Compostela (2000), do Centro
Dramático Galego e traballou como actor nesta
compañía en Rosalía
(2001). En 2007 publicou a obra Limpeza de sangue,
que fora galardoada co Premio Álvaro Cunqueiro
e pola que recibiu o Premio Nacional de Literatura.
|
obra |
Fume / Insomnio
(2008) |
|
|
Carlos
Losada
(Cambados, 1966)
Iniciou a súa andaina no mundo
do teatro na Aula de Teatro da USC. Interveu
na creación de grupos como Feirantes
Balboas, Apeiron ou Teatro Cachuzo.
A súa actividade nunca se limitou á
escrita teatral, e para alén desta exerceu
como director, deseñador de vestiario ou
escenógrafo. Foi axudante de dirección
das obras Criaturas (Teatro do
Aquí, 2000), Rosalía (CDG,
2001) e Animaliños (Teatro do Aquí,
2002). En 2007 obtivo o II Premio Manuel María
de Literatura Dramática Infantil coa obra
Game over.
|
obra |
Fume (2008) |
|
|
Carlos
Diegues
(11-06-1978)
É formado em Ciências
Políticas pela Universidade de Santiago de
Compostela, onde obteve também o “Diploma
de Estudos Avançados” no campo da Filosofia
moral. Na actualidade, está a finalizar o
curso de Filologia Românica enquanto projecta
a sua tese doutoral, centrada nos estudos da masculinidade.
Não se resignando com isso, o autor briga
com o trabalho precário numa empresa de telecomunicações
na cidade da Corunha.
|
obra |
A revolução
pendente.. (2008) |
|
|
Raida Rodríguez Mosquera
(Ourense, 1980)
Gañou o primeiro premio no XIX Certame Rosalía de Castro (2005).
É licenciada en Filosofía e actualmente reside, estuda e traballa en Barcelona, onde ten participado en diversos actos poéticos. A consigna: erradicar todos os comezos, multiplicar os cortes até o infinito.
|
obra |
Máquina de guerra. (2009) |
|
|
Oscar Mourave
Oscar Mourave nasceu 1966 em Caçapava, Interior de São Paulo, Brasil. Formou-se em História no Rio de Janeiro onde trabalhou como professor antes de vir para Portugal. Militante anti-racista no SOS Racismo de Lisboa, trabalhou como professor de português língua estrangeira em Portugal e Tunísia. Publicou pequenos trabalhos na área de imigração e discriminação racial. Publica pela Estaleiro Editora, o seu primeiro trabalho de poesia, "Suburbia". Desde de Março de 2009 vive em Pamplona-Iruña.
|
obra |
Suburbia. (2009) |
|
|
Grupo Krisis
A partir da segunda metade da pasada década
dos oitenta, diferentes teóricos como Anselm
Jappe e Robert Kurz na Alemaña, Moishe
Postone nos USA e Jean-Marine Vincent en
Franza, sen contacto entre si, chegan ás mesmas
conclusións en relación coa transformación do
capitalismo en Occidente e coa descomposición
da esquerda clásica e do marxismo tradicional.
Converxente con eses postulados, o Grupo
Krisis publica en 1999 a primeira edición alemá
do Manifesto contra o traballo, que continúa
a ser unha das declaracións fundamentais
para coñecermos a súa contribución á teoría
antagonista.
|
obra |
Manifesto contra o traballo. (2009) |
|