ESTATUTOS
DE FUNCIONAMENTO INTERNO
1. Estaleiro Editora artéllase como
unha organización autoxestionada, asemblearia e
sen ánimo de lucro. O seu único órgano
con poder decisorio é a Asemblea Xeral .
2. Forman parte da Asemblea Xeral con dereito de voz
e voto:
- As persoas que aportasen a cuota de entrada mínima
estabelecida pola propia Asemblea Xeral na súa
primeira reunión.
- Como medida extraordinaria a Asemblea Xeral pode conceder
dereito de voz e voto a persoas que non fixesen tal aportación.
Esta decisión debe tomarse por maioría absoluta
e tendo en conta sobretodo factores económicos.
A Asemblea Xeral configúrase como un organismo
aberto. Calquera persoa allea a ela que o desexe poderá
asistir ás reunións e se lle concederá
dereito de voz sen voto.
Conságrase o principio de igualdade para todos
membros da Asemblea Xeral con independencia do cargo que
desempeñen, da súa antigüidade ou da
cuantía das súas aportacións económicas.
3. A Asemblea Xeral tomará as súas decisións
mediante tres formas de reunión. Todas poden ser
convocadas por calquera membro da organizacion, facendo
constar na convocatoria unha orde do día.
- Reunións ordinarias, de periodicidade variábel.
Deben ser convocadas através dos medios de comunicación
propios da Editorial cunha antelación de polo menos
unha semana. Coa súa convocatoria presentarase
unha orde do día susceptíbel de ser debatida
nese espazo de tempo. Requerirán un quorum mínimo
de 10 dos membros para formarse e as decisións,
salvo as excepcións citadas nestes estatutos, tomaránse
polo método da maioría absoluta dos asistentes.
Pódese esixir na súa convocatoria a presenza
de un ou varios cargos executivos. Nas reunións
extraordinarias non se poderá:
- modificar os estatutos
- alterar a política de financiamento da editorial.
- aceptar membros sen aportación económica.
- expulsar a algún membro.
- destituír os cargos executivos.
- redistribuír os fondos económicos.
- Reunións extraordinarias, para casos excepcionais.
Deben ser convocadas através dos medios de comunicación
propios da Editorial cunha antelación de polo menos
unha semana e por un mínimo de 10 persoas. Coa
súa convocatoria presentarase unha orde do día
susceptíbel de ser debatida nese espazo de tempo.
Necesitarán dun quorum do 50% dos socios, e as
decisións aprobaránse por maioría
absoluta, salvo o caso dunha expulsión, onde se
requerirá unha maioría de 4/5.
Farase constar para cada reunión, na medida do
posíbel, un rexistro das votacións e das
decisións nelas tomadas. Disto encargarase o cargo
de temas legais puidendo delegalo de mutuo acordo en calquera
outro membro. Os rexistros das reunións deben estar
ao dispor de calquera membro en calquera momento.
En casos excepcionais a Asemblea Xeral pode delegar
parte das súas responsabilidades nunha comisión
de, como mínimo, 6 persoas. Esta comisión
poderá funcionar durante o prazo improrrogábel
de 2 meses, nos que poderá decidir, en situacións
de urxencia, da mesma forma e coas mesmas limitacións
que unha reunión ordinaria.
4. A parte executiva da organización será
desenvolvida através do método de cargos
voluntarios. Eses cargos deben estabelecerse nas reunións
da Asemblea Xeral e deben ser exercidos por membros da
mesma.
Os cargos son:
- portavoz e comunicación
- relacións coa empresa de impresión /maquetación
e deseño.
- tesourería e administración.
- corrección dos orixinais.
- distribución.
- temas legais.
- lectura dos orixinais.
Os cargos son compatíbeis entre si e susceptíbeis
de ser multipersoais sen máis limite que o marcado
pola Asemblea Xeral. O tempo máximo que un cargo
pode permanecer sen alteracións non excederá
o de un ano natural. Pasado ese tempo debe mudar de responsábel
se é unipersoal ou debe trocar a algún/s
do/s membro/s se fose multipersoal.
O cargo de lectura dos orixinais será forzosamente
multipersoal e deberá ser ocupado por un mínimo
de cinco persoas. Pasado un ano natural sen modificarse
o cargo de lectura deberá forzosamente renovar
a dous dos seus membros a menos que a Asemblea Xeral decida
explicitamente o contrario. A función deste cargo
será simplemente o de informar á Asemblea
Xeral sobre a calidade e o contido das obras en cuestión.
Para a celebración dunha reunión ordinaria
ou extraordinaria, a Asemblea Xeral pode, através
de calquera dos seus membros esixir a asistencia dalgún
dos cargos mencionados.
A Asemblea Xeral pode crear cargos novos en calquera momento
se as circunstancias así o requerisen.
Os cargos serán destituíbeis baixo causa
xustificada no curso dunha reunión ordinaria da
Asemblea pola maioría absoluta dos seus asistentes.
5. Enténdese a cuota da entrada como unha aportación
a fondo perdido que en ningún caso será
reclamábel. Os socios que o desexen poden efectuar
novas donacións baixo o mesmo réxime.
6. Entenderáse que un membro deixa de formar parte
da Asemblea Xeral.
- cando manifeste a vontade de deixar de selo.
- cando pase máis de un ano sen participar en ningunha
das reunións da Asemblea Xeral sen que medie xustificación.
- mediante a súa expulsión no curso dunha
asemblea extraordinaria por 4/5 dos seus asistentes.
Os membros que aportaron a cuota de entrada, entanto non
lles será devolta, poderían volver a formar
parte da organización en calquera momento que o
desexen sen ter que pagala de novo. Esta disposición
non se aplicará aos membros expulsados.
7. A disolución da organización deberá
decidirse pola maioría absoluta dos seus socios.
O posíbel capital da mesma nese momento será
redistribuído entre os socios tal e como se indica
no ponto 5.
8. É obrigado para todos os membros a lectura
e aceptación destes estatutos, dos que se deberá
contar cunha copia en cada reunión ordinaria.
A modificación dos estatutos poderá realizarse
por maioría absoluta dos socios no curso dunha
reunión extraordinaria.
|