
Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual
2.5 España
CREATIVE COMMONS CORPORATION NON É
UN DESPACHO DE AVOGADOS E NON PROPORCIONA SERVIZOS XURÍDICOS.
A DISTRIBUCIÓN DESTA LICENZA NON CREA UNHA RELACIÓN
AVOGADO - CLIENTE. CREATIVE COMMONS PROPORCIONA ESTA INFORMACIÓN
TAL CAL (ON AN ‘AS-IS’ BASIS). CREATIVE COMMONS
NON CONFIRE NINGUNHA GARANTÍA RESPECTO DA INFORMACIÓN
PROPORCIONADA, NIN ASUME NINGUNHA RESPONSABILIDADE POR
DANOS PRODUCIDOS A CONSECUENCIA DO SEU USO.
Licenza
A OBRA (SEGUNDO SE DEFINE MÁIS ADIANTE)
PROPORCIONASE BAIXO TERMOS DESTA LICENZA PÚBLICA
DE CREATIVE COMMONS(“CCPL” OU “LICENZA”).
A OBRA ESTÁ PROTEXIDA POLA LEI ESPAÑOLA
DE PROPIEDADE INTELECTUAL E/OU CALQUERA OUTRA NORMA QUE
RESULTE DE APLICACIÓN. ESTÁ PROHIBIDO CALQUERA
USO DA OBRA DIFERENTE Ó AUTORIZADO BAIXO ESTA LICENZA
OU Ó DISPOSTO NAS LEIS DE PROPIEDADE INTELECTUAL.
POR MEDIO DO EXERCICIO DE CALQUERA DEREITO
SOBRE A OBRA PROPORCIONADA AQUÍ, VOSTEDE ACEPTA
E CONSINTE AS LIMITACIÓNS DESTA LICENZA. O LICENCIADOR
CONCÉDELLE OS DEREITOS CONTIDOS AQUÍ, SEMPRE
QUE VOSTEDE ACEPTE OS PRESENTES TERMOS E CONDICIÓNS.
1. Definicions
A "obra" é a creación
literaria, artística ou científica ofrecida
baixo termos desta licenza.
O "autor" é a persoa ou entidade que
creou a obra.
Considérase "obra conxunta" aquela susceptíbel
de ser incluída nalgunha das seguintes categorías:
"Obra en colaboración", entendendo por
tal aquela que sexa resultado unitario da colaboración
de varios autores.
"Obra colectiva", entendendo por tal a creada
pola iniciativa e baixo a coordinación dunha persoa
natural ou xurídica que a edite e divulgue baixo
o seu nome e que estea constituída pola reunión
de achegas de diferentes autores cuxa contribución
persoal fúndese nunha creación única
e autónoma, para a cal tivese sido concibida sen
que sexa posíbel atribuír separadamente
a calquera deles un dereito sobre o conxunto da obra realizada.
"Obra composta e independente", entendendo por
tal, a obra nova que incorpore unha obra preexistente
sen a colaboración do autor desta última.
Considérase "obra derivada" aquelas que
estean baseadas nunha obra ou nunha obra e outras preexistentes,
tales como traducións e adaptacións; as
revisións, actualizacións e anotacións;
os compendios, resumos e extractos; os arranxos musicais
e; en xeral, calquera transformación dunha obra
literaria, artística ou científica, salvo
que a obra resultante teña o carácter de
obra conxunta, caso no que non será considerada
como unha obra derivada aos efectos desta licenza. Para
evita-la dúbida, se a obra consiste nunha composición
musical ou gravación de sons, a sincronización
temporal da obra cunha imaxe en movemento (‘synching’)
será considerada coma unha obra derivada ós
efectos desta licenza.
Terán a consideración de "obras audiovisuais"as
creacións expresadas por medio dunha serie de imaxes
asociadas, con ou sen sonorización incorporada,
así como as composicións musicais, que estean
destinadas esencialmente a ser amosadas a través
de aparatos de proxección ou por calquera outro
medio de comunicación pública da imaxe e
do son, con independencia da natureza dos soportes materiais
das devanditas obras.
O "licenciador" é a persoa ou a entidade
que ofrece a obra baixo os termos desta licenza e cede
os dereitos de explotación da mesma conforme ao
disposto nela.
"Vostede" é a persoa ou entidade que
exercita os dereitos baixo esta licenza e que non violou
previamente os termos da mesma con respecto da obra, ou
que recibiu o permiso expreso do licenciador de exercita-los
dereitos por medio desta licenza malia unha violación
anterior.
A "transformación" dunha obra comprende
a súa tradución, adaptación e calquera
outra modificación na súa formada que se
derive unha obra diferente. Cando se trate dunha base
de datossegundo se define máis adiante, considerarase
tamén transformación a reordenación
da mesma. A creación resultante da transformación
dunha obra terá a consideración de obra
derivada.
Enténdese por "reproducción" a
fixación da obra nun medio que permita a súa
comunicación e a obtención de copias de
toda ou parte dela.
Enténdese por "distribución" a
posta a disposición do público do orixinal
ou copias da obra por medio do aluguer, préstamo
ou de calquera outro xeito.
Enténdese por "comunicación pública"
todo acto polo cal unha pluralidade de persoas poida ter
acceso á obra sen previa distribución de
exemplares a cada unha delas. Non se considerará
pública a comunicación cando se celebre
dentro dun ámbito estritamente doméstico
que non estea integrado ou conectado a unha rede de difusión
de calquera tipo. A efectos desta licenza considerarase
comunicación pública a posta a disposición
do público da obra por procedementos alámbricos
ou inalámbricos, incluída a posta a disposición
do público da obra de tal xeito que calquera persoa
poida acceder a ela dende o lugar e no momento que escolla.
A "explotación" da obra comprende a súa
reprodución, distribución, comunicación
pública e transformación.
Terán consideración de "bases de datos"
as coleccións de obras alleas, de datos ou de outros
elementos independentes como as antoloxías e as
bases de datos propiamente ditas que pola selección
ou disposición dos seus contidos constitúan
creacións intelectuais, sen prexuízo, no
seu caso, dos dereitos que puideran existir sobre ditos
contidos.
Os “elementos da licenza” son as características
principais da licenza segundo a selección efectuada
polo licenciador e indicadas no título desa licenza:
Recoñecemento da autoría (Recoñecemento),
Sen uso comercial (NonComercial), Compartir de xeito Igual
(CompartirIgual).
2. Límites e uso xusto dos dereitos. Nada nesta
licenza pretende reducir ou restrinxir calquera dos límites
legais dos dereitos exclusivos do titular dos dereitos
de propiedade intelectual de acordo coa Lei de Propiedade
Intelectual ou calquera outra lei aplicábel, xa
sexan derivados de usos lexítimos, tales como o
dereito a copia privada ou o dereito a cita, ou outras
limitacións como a derivada da primeira venda de
exemplares.
3. Concesión de licenza.
Conforme ós termos e ás condicións
desta licenza, o licenciador concede (durante toda a vixencia
dos dereitos de propiedade intelectual) unha licenza de
ámbito mundial, sen dereito de remuneración,
non exclusiva e indefinida que inclúe a cesión
dos seguintes dereitos:
Dereito de reprodución, distribución
e comunicación pública da obra
Dereito a incorporala nunha ou mais obras conxuntas ou
bases de datos e para a súa reprodución
en tanto que incorporada as devanditas obras conxuntas
ou bases de datos.
Dereito para efectuar calquera transformación na
obra e crear e reproducir obras derivadas.
Dereito de distribución e comunicación pública
de copias ou gravacións da obra, como incorporada
a obras conxuntas ou bases de datos
Dereito de distribución e comunicación pública
de copias ou gravacións da obra, por medio dunha
obra derivada.
Os anteriores dereitos pódense exercitar en tódolos
medios e formatos, tanxíbeis ou intanxíbeis
coñecidos ou por coñecer. Os dereitos mencionados
inclúen o dereito a efectua-las modificacións
que sexan precisas tecnicamente para o exercicio dos dereitos
noutros medios e formatos. Tódolos dereitos non
cedidos expresamente polo licenciador quedan reservados,
incluíndo, pero non limitando, ós dereitos
establecidos na sección 4e.
4. Restricións.
A cesión de dereitos que supón a licenza
concedida na sección 3 antes mencionada efectúase
suxeita e limitada ás restricións seguintes:
Vostede pode reproducir, exhibir publicamente,
comunicar publicamente ou comunicar publicamente de forma
dixital a obra soamente baixo os termos desta licenza,
e vostede debe incluír unha copia da devandita
obra, ou o seu Identificador Uniforme de Recurso (URI),
con cada copia ou gravación da obra que vostede
reproduza, distribúa ou comunique publicamente.
Vostede non pode ofrecer ou impoñer ningún
termo sobre a obra que altere ou restrinxa os termos desta
licenza ou o exercicio dos seus dereitos por parte dos
cesionarios da mesma. Vostede non pode sublicencia-la
obra. Vostede debe manter intactos tódolos avisos
que fagan referencia a esta licenza e á ausencia
de garantías. Vostede non pode reproducir, reproducir
ou comunicar publicamentea obra conmedidas tecnolóxicas
que controlen o acceso ó uso da obra de xeito contrario
ós termos desta licenza. O anterior aplícase
a unha obra en tanto que incorporada a unha obra conxunta
ou base de datos, pero non implica que estas, á
marxeda obra obxecto desta licenza, teñan que estar
suxeitas aos termos da mesma. Se vostede crea unha obra
conxunta ou base de datos, previa comunicación
do licenciador, vostede debe quitar da obra conxunta ou
base de datos calquera crédito requerido no apartado
4d, segundo se lle requira e na medida do posíbel.
Se vostede crea unha obra derivada, previa comunicación
ao licenciador, vostede deberá quitar da obra derivada
calquera crédito requerido no apartado 4d, segundo
o que se lle requira e na medida do posíbel.
Vostede pode reproducir, reproducir ou comunicar publicamente
unha obra derivada soamente baixo os mesmos termos desta
licenza, ou dunha versión posterior desta licenza
cos seus mesmos elementos principais, ou os iCommons de
licenza de Creative Commons que conteña os mesmos
elementos principais desta licenza (por exemplo Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual
2.5 Japan). Vostede debe incluír unha copia desta
licenza ou da mencionada anteriormente, ou ben o seu Identificador
Uniforme de Recurso (URI), con cada copia ou gravación
da obra que vostede reproduza, distribúa ou comunique
publicamente. Vostede non pode ofrecer ou impor ningún
termo respecto das obras derivadas que alteren ou restrinxan
os termos desta licenza ou o exercicio dos seus dereitos
por parte dos cesionarios da mesma. Vostede debe manter
intactos tódolos avisos que se refiran a esta licenza
e á ausencia de garantías. Vostede non pode
reproducir, distribuír oucomunicar publicamentea
obra derivada sen as medidas tecnolóxicas que controlen
o acceso ou uso da obra dun xeito contrario aos termos
desta licenza. O anterior aplícase a unha obra
derivada en tanto que incorporada a unha obra conxunta
ou base de datos, pero non implica que estas, á
marxe da obra obxecto desta licenza, teñan que
estar suxeitas ós termos desta licenza.
Vostede non pode exercitar ningún dos dereitos
cedidos na sección 3 anterior de forma que pretenda
principalmente ou estea dirixida cara á obtención
dun beneficio mercantil ou á remuneración
monetaria privada. O intercambio da obra por outras obras
protexidas pola propiedade intelectual por medio de sistemas
de compartir arquivos non se considerará como unha
forma que pretenda principalmente ou se atope dirixida
cara á obtención dun beneficio mercantil
ou á remuneración monetaria privada, sempre
que non exista ningún pago de calquera remuneración
monetaria en relación ó intercambio das
obras protexidas.
Se vostede reproduce, distribúe ou comunica publicamente
a obra ou calquera obra derivada, conxunta ou base de
datos que a incorpore, vostede debe manter intactos tódolos
avisos sobre a propiedade intelectual da obra e recoñecer
ó autor orixinal, de xeito razoábel conforme
ó medio ou ós medios que vostede estea empregando,
indicando o nome (ou pseudónimo, no seu caso) do
autor orixinal se é facilitado, e/ou recoñecer
a aquelas partes (por exemplo: institución, publicación,
revista) que o autor orixinal e/ou o licenciador designen
para ser recoñecidos no aviso legal, as condicións
de uso ou de calquer outro xeito razoábel; o título
da obra se é facilitado; de xeito razoábel,
o Identificador Uniforme de Recurso (URI), de existir,
que o licenciador especifica para ser vinculado á
obra, a menos que tal URI non faga referencia ó
aviso sobre a propiedade intelectual ou á información
sobre a licenza da obra; e no caso dunha obra derivada,
un aviso que identifique o uso da obra na obra derivada
(p.ex. "tradución galega da obra de autor
orixinal" ou "guión baseado na obra orixinal
de Autor Orixinal"). Tal aviso pódese desenvolver
de calquera xeito razoábel, con tal de que, sen
embargo, no caso dunha obra derivada, conxunta ou base
de datos, apareza como mínimo este aviso aló
onde aparezan os avisos correspondentes ós outros
autores e de xeito comparábel ós mesmos.
Para evita-la dúbida, sen prexuízo da preceptiva
autorización do licenciador, e especialmente cando
a obra se trate dunha obra audiovisual, o licenciador
reservarase o dereito exclusivo a percibir, tanto individualmente
como por medio dunha entidade de xestión de dereitos,
ou varias (por exemplo: SGAE, Dama, VEGAP), os dereitos
de explotación da obra , así como os derivados
de obras derivadas, conxuntas ou bases de datos, se dita
explotación pretende principalmente ou se atopa
dirixida cara á obtención dun beneficio
mercantil ou á remuneración monetaria privada.
No caso da inclusión da obra nalgunha base de datos
ou recompilación, o propietario ou o xestor da
base de datos ten que renunciar a calquera dereito relacionado
con esta inclusión e concernente ós usos
da obra unha vez extraída das bases de datos, quer
de xeito individual ou conxuntamente con outros materiais.
5. Ausencia de Responsabilidade
SALVO QUE SE CONVEÑA MUTUAMENTE
DE OUTRO XEITO POLAS PARTES, O LICENCIADOR OFRECE A OBRA
TAL CAL (ON AN "AS-IS" BASIS) E NON CONFIRE
NINGUNHA GARANTÍA DE CALQUERA TIPO RESPECTO DA
OBRA OU DA PRESENZA OU AUSENCIA DE ERROS QUE POIDAN OU
NON SER DESCUBERTOS. ALGUNHAS XURISDICIÓNS NON
PERMITEN A EXCLUSIÓN DE DITAS GARANTÍAS,
POLO QUE TAL EXCLUSIÓN PODE NON SER DE APLICACIÓN
A VOSTEDE.
6. Limitación de responsabilidade.
SALVO O QUE DISPOÑA EXPRESA E IMPERATIVAMENTE
A LEI APLICABLE, EN NINGÚN CASO O LICENCIADOR SERÁ
RESPONSÁBEL ANTE VOSTEDE POR CALQUERA TEORÍA
LEGAL DE CALQUERA DANOS RESULTANTES, XERAIS OU ESPECIAIS
(INCLUÍDO O DANO EMERXENTE E O LUCRO CESANTE),
FORTUÍTOS OU CAUSAIS, DIRECTOS OU INDIRECTOS, PRODUCIDOS
EN CONEXIÓN CON ESTA LICENZA OU O USO DA OBRA,
INCLUSO SE O LICENCIADOR TIVERA SIDO INFORMADO DAS POSIBILIDADES
DE TALES DANOS.
7. Finalización da licenza
Esta licenza e a cesión dos dereitos
que contén terminarán automaticamente en
caso de calquera incumprimento por vostede dos termos
da mesma. As persoas ou entidades que tiveran recibido
obras derivadas, conxuntas ou bases de datos de vostede
baixo esta licenza, nembargante, non verán as súas
licencias rematadas, sempre que ditas persoas ou entidades
se manteñan no cumprimento íntegro desta
licenza. As seccións 1, 2, 5, 6, 7 e 8 permanecerán
vixentes pese a calquera finalización desta licenza.
Conforme ás condicións e termos anteriores,
a licenza concedida aquí é perpetua (durante
toda a vixencia dos dereitos de propiedade intelectual
aplicables á obra). Malia o anterior, o licenciador
resérvase o dereito a divulgar ou publicar a obra
en condicións distintas ás presentes, ou
de retirar a obra en calquera momento; Non obstante, isto
non suporá dar por concluída esta licenza
(ou calquera outra licenza que teña sido concedida,
ou sexa preciso ser concedida, baixo os termos desta licenza),
que continuará vixente e con efectos completos
a non ser que teña finalizado conforme ó
establecido anteriormente.
8. Miscelánea
Cada vez que vostede explote dalgún
xeito a obra, ou unha obra conxunta ou unha base de datos
que a incorpore, o licenciador orixinal ós terceiros
e sucesivos licenciatarios a cesión de dereitos
sobre a obra nas mesmas condicións e termos que
a licenza concedida a vostede.
Cada vez que vostede explote dalgún xeito unha
obra derivada, o licenciador orixinal ofrece ós
terceiros e sucesivos licenciatarios a cesión de
dereitos sobre a obra orixinal nas mesmas condicións
e termos que a licenza concedida a vostede.
Se algunha disposición desta licenza resulta inválida
ou inaplicábel segundo a Lei vixente, isto non
afectará á validez ou aplicabilidade do
resto dos termos desta licenza e, sen ningunha acción
adicional por calquera das partes deste acordo, tal disposición
será reformada no estritamente preciso para facer
que tal disposición sexa válida e executiva.
Non se entenderá que existe renuncia respecto dalgún
termo ou disposición desta licenza, nin que se
consinte violación algunha da mesma, a menos que
tal renuncia ou consentimento figure por escrito e leve
sinatura pola parte que renuncie ou consinta.
Esta licenza constitúe o acordo pleno entre as
partes con respecto á obra obxecto da licenza.
Non caben interpretacións, acordos ou termos con
respecto da obra que non se atopen expresamente especificados
na presente licenza. O licenciador non estará obrigado
por ningunha disposición complementaria que poida
aparecer en calquera comunicación de vostede. Esta
licenza non se pode modificar sen o acordo escrito mutuo
entre licenciador e vostede.
Creative Commons non é parte desta licenza, e non
ofrece ningunha garantía en relación coa
obra. Creative Commons non será responsábel
fronte a vostede nin calquera outra parte, por calquera
teoría legal de calquera dano resultante, incluíndo,
pero non limitando, danos xerais ou especiais (incluíndo
o dano emerxente e o lucro cesante), fortuítos
ou causais, en conexión con esta licenza. Malia
as dúas (2) oracións anteriores, se Creative
Commons se identificou expresamente como o licenciador,
terá tódolos dereitos e obrigas do licenciador.
Agás para o propósito limitado de indicar
ó público que a obra está licenciada
baixo a CCPL, ningunha parte empregará a marca
rexistrada Creative Commons u calquera marca rexistrada
ou insignia vinculada con Creative Commons sen o seu consentimento
por escrito. Calquera uso permitido farase de conformidade
coas pautas vixentes en cada momento sobre o uso da marca
rexistrada Creative Commons, en tanto que sexan publicadas
na súa páxina web (website) ou sexan proporcionadas
a petición previa.
Pode contactar con Creative Commons
en creativecommons.org
|